Aquí estamos os piratas de 6º desenvolvendo as nosas competencias.
Tratamento da información e competencia dixital: localizamos no blog as actividades a realizar.
Competencia lingüística: lemos os pasos a seguir e copiamos os problemas na libreta.
Social e cidadá: participamos, tomamos decisións dentro do grupo respectando o turno de palabra.
Aprendemos a aprender: formulámonos preguntas, manexamos diferentes repostas ante o mesmo problema.
Autonomía e iniciativa persoal: cooperamos para traballar en equipo, valoramos as ideas dos demais, dialogamos e negociamos, comunicamos ós outros as nosas decisións.
Competencia matemática: utilizamos o razoamento matemático e os cálculos precisos para resolver o problema.
Parabéns, de novo, Sillobre, polo traballo ben feito. Así da gusto. Parabéns tamén ao alumnado, que sen sequera reparar no asunto vaise volvendo competente neste mundo "incompetente" para tantas cuestións...
ResponderEliminar