"Unha vez deixabamos a Silver abandonado nunha illa deserta; outra o capitán John Pelo Crecho casaba coa primeira oficial Lisa Smollet; outra o escritor Mario Stivenson aprendía a linguaxe dos golfiños para escribir a súa historia (...); tamén unha vez unha tribo de indios nomeaba xefa á doutora Uxía Livesey..."
Para recrear as situacións do parágrafo anterior que aparecen en vermello, foi preciso mercar algún material...Puf! Que lío! Algúns artigos están rebaixados e a outros hai que engadirlles o I.V.E. Preme na camiseta e anímate a resolver os problemas. Nós xa o fixemos en pequeno grupo.
Encántame esta forma de traballar,porque é unha aprendizaxe lúdica e productiva, e non a típica de que as mates teñen que entrar " a forza de repetir...".
ResponderEliminarO blogue é unha boa forma de facer que nós, os mestres, aprendamos outros métodos de traballar coas tics,con centros de interés...
Gústame!