Todo comezou cando a Biblioteca escolar fixo a súa programación cun tema moi peculiar: "Piratas". A proposta parecía interesante. Pero...como entrar no mundo pirata a través das Matemáticas?...Mergúllate neste blog e verás como facelo.



sábado, 24 de abril de 2010

A LONXITUDE DA CIRCUNFERENCIA



"Por fin reuníronnos a nós. Foi no colexio, estabamos os catro..."

Parte da tripulación do Praia de Quenxe reúnese no colexio coa profesora da biblioteca e coa directora para escoitar unha explicación sobre a delicada saúde de Xan, o seu capitán. Como será a mesa arredor da que se sentaron nesa reunión?...

...Imaxinemos que é redonda e ten 1,5 metros de diámetro.

Mergúllate con nós neste vídeo e investiga no cálculo da lonxitude da circunferencia.

Grazas Begoña de Lires pola túa colaboración neste traballo.

2 comentarios:

  1. Así que isto era "pi"? Aos meus anos, e sen sabelo!!!!Grazas, profe.

    ResponderEliminar
  2. Que reportaxe máis boa! Grazas a ti por invitarme a presenciar unha clase do máis interesante, innovadora e sobre todo participativa ao 100% por parte dos alumnos/as.Isto si que é vivir de cheo e disfrutar as matemáticas. Ahhh e a música do video......excelente, o meu grupo favorito. Noraboa profe.

    ResponderEliminar