miércoles, 25 de noviembre de 2009
QUE PODEMOS FACER CO MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO?
Preme no mapa e comproba o que fixemos nunha clase:
1º) Calculamos o mínimo común múltiplo para completar catro coordenadas.
2º) Localizamos neste mapa as coordenadas que correspondían a un tesouro soterrado.
3º) Averiguamos en que coordenadas era máis doado ou complexo atopar o tesouro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Benvid@s á blogosfera. Parabéns por todos eses traballos tan interesantes.
ResponderEliminarUnha aperta dende o CEIP de Andrade en Pontedeume.
Encarna.
Eu súmome ó que di Encarna. Gústame moitísimo o voso traballo e penso que eses nenos e nenas teñen moita sorte.
ResponderEliminarBicos desde Malpica
Este blog ten unha pinta estupenda. Veremos como vai medrando. Saúdos.
ResponderEliminarEstupendo traballo. Parabens para esa iniciativa que une matemáticas, lectura e TIC.
ResponderEliminarSaúdos dende Moaña
Pois eu únome a todos os anteriores, pois realmente paréceme un traballo estupendo, por cero estou coa miña filla María resolvendo problemas de do tesouro... ela tamén está lendo a novela e venlle fantástico este blog voso.
ResponderEliminarBicos dende o IES de Arzúa
Parabéns polo magnífico traballo que estades a desenvolver. Dende O Segrel, e co voso permiso, darémolo tamén a coñecer.
ResponderEliminarVelaí estades http://tinyurl.com/yj9j765
E xa que falamos de escola 2.0, o Twitter de O Segrel enlazará o voso blog.
Apertas 2.0 dende Fene!!